A esquina do Lucas

O carallo 29

Música “Made in Galiza”.

Publicado por lucasgz en Diciembre 10, 2008

CARTEL MALASKARAS

¡¡¡Xa está confirmada a nova edición do Festival Malaskaras!!!

LEMBRA:

20 DE DECEMBRO, SALA KARMA (Riestra, 4).

KOGITO (ska feito na GaliZa)
http://www.myspace.com/kogito

LA VAGA BANDA (ska punk reggae)
http://www.myspace.com/lavagabanda

+ interludios a cargo do SR. XANDRE (reggae soul latin soul)

UN TOTAL DE 19 PERSOAS PARA UNHA FESTA INESQUECÍBEL!!!

Publicado en Musica | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Penalti e expulsión…

Publicado por lucasgz en Diciembre 4, 2008

Recordades aquela mítica escena?

“-Penalty y expulsión!!

-Joder Rafa no me jodas!!”

Pois eiqui un pequeno video dun piscinazo en condicións, o ariete deixase caer dentro do área sen ninguen a 2 metros o redor, e o arbrito pita penalti…

Manda carallo como esta o conto!! E logo queixanse dos arbitraxes en España.

Publicado en Deportes | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Pa matarse a rir…

Publicado por lucasgz en Diciembre 3, 2008

Jajaja. Xa fai tempo que saliu o primeiro capítulo do superheroe Cálico, e cada vez que quero botar unhas risas non teño máis q ir a www.calicoelectronico.com e mirar un par de capítulos, ainda que agora o que fan son “cápsulas” e duran menos tempo, ainda que fan gracia igual.

Por ahi vai un capitulo de arxentinos…

E por eiqui unha de tomas falsas jajajaj.

Publicado en Internete | Etiquetado: | Deja un Comentario »

WordPress Vs Blogger

Publicado por lucasgz en Diciembre 2, 2008

1) Para aqueles que desexan ter un blog, o primeiro é inscribirse. Se desexas escoller WordPress (WP), deberás ingresar a WordPress.com e premer “Rexistrarse”. Se escolles “So un nome de usuario, por favor”, o camiño de WordPress tórnase demasiado complexo. A mellor alternativa é “Veña, dame o meu blog”. Outro detalle e que WP asígnate unha clave de seis caracteres, que debes anotar antes que se te esqueza.

Blogger esíxete que teñas unha conta con Google para abrir a túa bitácora. Se es dos que odia Gmail, deberás encher unha morea de espacios baleiros. Se tes paladar refinado e gustate o bo, entón xa tes atúa conta Gmail e o camiño é bastante máis rápido.

2) Con respecto a configuración, a distribución dos comandos é diferente en ambos servizos. Todo depende da costume. Por exemplo, nunca escoitei queixas de algún usuario de calquera dos dous servicios por non encontrar algún botón. En WP encontrarán máis palabras, mentres que en Blogger é todo más directo. Un detalle: WordPress ven por defecto en inglés.

Nese sentido, Blogger é un pouco máis sinxelo

3) Plantillas. WP conta con 58 contra 16 de Blogger, aínda que este último permite cambiar cada un dos estilos do teu sitio, sen saber unha gota de CSS (en “Fuentes y colores”).


A vantaxe de WP é que podes insertar unha imaxe na cabeceira en “Presentación”.

Blogger da un golpe que inclina a ronda ó seu favor: permite importar gratuitamente follas de estilo CSS, dándolle un estilo único ao sitio. WP cobra polo mesmo servizo. Ademais, hai varios sitios dende onde podes descargar “templates” o plantillas para o teu blog en Blogger.

Gañador neste caso: Blogger.

4) Formato de tipografías. Fai un tempo, WordPress incluíu a opción de cambiar a cor da fonte (tipografía). Pero só a cor dos caracteres, non o tipo de letra. O menú de Blogger é moito máis sinxelo e entrega todas as opcións necesarias a hora de amononar un texto.

Agora coidado. En ningún dos dous sitios se confíen da vista previa: sempre queda distinto na páxina final.

Novamente ganador Blogger.

5) Almacenamento de arquivos. WordPress permite subir 50 Mb en arquivos jpg, png, gif, pdf, doc e ppt. Blogger ofrece 300 Mb, pero só para almacenar imaxes de ata 8 Mb. Os dous servicios son regulares, anque a capacidade de WP se fai pouca. Será totalmente necesario contar cun servicio externo para almacenamento de fotografías ou outros documentos.

Gañador da ronda: Empate, nunha pobre ronda.

6) Edición HTML. Esta ronda lévase por paliza blogger, pois permite colocar códigos dentro do sitio, editar CSS, insentar favicóns e todo o que se vos ocorra en código. Ademais, se un HTML non queda ben feito, Blogger explícate onde está o detalle, mentres WP, simplemente bórrate todo o texto.

Gañador do asalto: O pupilo de Google.

7) Barra Lateral. Por unha cousa de gustos e costumes, WordPress saca unha pequena vantaxe. Anque é difícil chegar e entender algo como Presentación -> Widgets, cada un dos seus elementos son fáciles de configurar.Ademais, fai pouco crearon a opción Nube de tags”,que permite visualizar os diferentes tipos de marcadores que utilizaches nos distintos post. O único detalle é que non se poden insertar scripts.

A barra de Blogger (“Plantilla” -> “Elementos de páxina”) tamén conten elementos novidosos (como insertar noticias de Google News), pero cada vez que queres agregar algo, ábrese unha fiestra emerxente. Podía ser mellor.

Aquí gana WordPress.

8 ) Tags. As etiquetas son un dos elementos simpáticos dos elementos simpáticos na chamada Web 2.0, e está mellor utilizado en WordPress, xa que os cibernautas poden encontrar facilmente post similares dentro do universo WP.

Se ben Blogger mellorou moito o uso de tags, non é tan bo como W Pen este aspecto.

9) Estatísticas. Unha das grandes vantaxes de WordPress é que dite cantas persoas visitaron o teu sitio. Cómo chegaron a el, cales son os post máis vistos e en que linck fixeron clic.

Ademais, o gráfico de visitas diarias mostra se o teu sitio tornase máis popular ou non. Hai un dato que é clave: ver que andaban buscando os cibernautas. Así, saberás que contidos debes potenciar para ser o máis popular.

Blogger, en cambio, permite ver as estatísticas a través do excelente e notable Google Analytics, pero este é un servicio externo, non é tan directo como WordPress, e é bastante máis complexo de utilizar se es novato.

10) Opciones premium. Como a gran maioría dos productos de Google, Blogger é totalmente gratuíto. Iso pódese converter e nunha desvantaxe, pois WP ofrece varias opcións. Premium como aumentar a capacidade ata 10 GB, editar follas de estilo e rexistrar un dominio .com facilmente. Os 50 megas que ofrece WP son moi poucos para subir imaxes. ¿pero serán necesarios 10 GB para almacenar fotos, PD Fe Powertpoint?

Gañador: Notouse o cansazo dos contendentes. Non houbo golpes claros. Empate.

11) Publicidade. Algúns alegan que WP non permite agregar publicidade no blog. Pois ben, de algo que sirva que sexa Google no que está detrás de Blogger. Con un par de clics, xa terás os molestos pero beneficiosos avisos na túa páxina. Ingresa directamente en Googel Adsense.

Despois de varias rondas sufrindo un intenso castigo, Blogger adonase claramente da volta 11.

12) Importar e exportar. A sabendas de que ten a pele ana bolsa, Blogger confíase e case perde. WordPress permite crear un arquivo XML, que posibilita respaldar o blog ó pasar os post e comentarios facilmente a WordPress.org. ademais, déixate importar contidos dende Blogger. Mobable type o TypePad e dende o mesmo worpress.com. Funciona bastante ben

En cambio, Blogger adoece de un mal común entre os grandes: non considera as outras opcións existentes.

Despois de todos estes argumentos, o veredicto é claro: 5 rondas a favor de Blogger, catro para WordPress e tres empates.

A conclusión é que Blogger mellorou considerablemente as súas prestacións, permitindo gratuitamente a edición de CSS, insertar scripts e AdSense. As vantaxes de WordPress son as súas estatísticas e a fluída exportación e importación.

Obviamente, cada usurario ten o veredicto final, pois todo depende do uso que lle demos o blog, qué interface nos guste máis e que características privilexiamos sobre o resto.

¡Saúdos!

Publicado en Internete | Etiquetado: | Deja un Comentario »

POIS SI OUTRO TRIUNFO MAIS!!

Publicado por lucasgz en Noviembre 24, 2008

Ale señores ahi queda un logro mais de España, pechando un ano do que non se pode esquecer calquera. Que se Sastre o Tour, que se a seleccion española de futbol campiona de Europa, que se a de baloncesto plata en Pequin, e que sei eu… bueno o q sabemos todos, gañamos ala onde vamos e punto.

Publicado en Deportes | Etiquetado: | Deja un Comentario »

GRACIAS A CERVEZA…

Publicado por lucasgz en Noviembre 11, 2008

Pois si!!, meus camaradas, gracias a cerveza (millor dito a 1 anuncio de cerveza) cheguei a coñecer o q hoxe en dia e un dos meus grupos favoritos, un grupo en maiusculas!! eles fanse chamar The Sunday Drivers. Fan indie-pop en ingles e xa teñen 3 discos no mercado. Pero o curioso deste grupo e o adapte q ten coas novas tecnoloxías, Contan con blog, grupo en Flickr, canle de Twitter, canle de YouTube, perfil en MySpace… Non é solo cantar ben e facer boa música(que axuda bastante), senon darse a coñecer jeje.

Aqui deixo a cación do anuncio completiña para que a vexa e escoite quen queira.

Publicado en Musica | Etiquetado: | Deja un Comentario »

A ROMPER CLAVES CON WIFISLAX!!

Publicado por lucasgz en Noviembre 3, 2008

Esta distribución en formato live-cd esta basada en Slax, con entorno gráfico Kde 3.5, a virtude desta distro é que os mesmos desarrolladores incluiron drivers de tarxetas wifi que, según eles, hoxe en día non soporta ningunha distribución.

¿Qué é Wifislax 3.1 ?

Wifislax esta feita para facer auditorias de seguridade das vosas redes wifi, ten implementadas multitude de ferramentas para controlar hasta o mais mínimo detalle da vosa configuración, e decir que esta distribución esta implementada para usuarios medios ou avanzados, algunhas destas aplicacions son airoscrip, que recomendan usar os recién chegados, tamen incorpora unha aplicación para os novos chips ipw2200 e moitos mais scripts en modo gráfico para facilitar o traballo.

Pero a gran baza desta distribución é a capacidade de crear auditorias wireless.

Todo isto traducido a linguaxe vulgar significa que podemos descifrar as claves WEP,WPA,…, é dicir, as contraseñas das redes wifi para conectarnos a elas de forma gratuita. Todo isto simplemente insertando un CD e seguindo os pasos dos tutoriais que teñen na web oficial

Contido de Wifislax

Enlaces descarga:

(683 Mb)

  1. http: enlace
  2. ftp: enlace
  3. comprawifi: enlace

Tamen teñen versión reducida: (290 Mb) enlace

Aqui deixo un pequeno tutorial en video de como facerse cunha clave.

Fontes: belinuxmyfriend , Wifislax

Publicado en S.O. | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Volven os Fabulosos Cadillacs!

Publicado por lucasgz en Octubre 16, 2008

Despois de amagar moitas veces, finalmente está confirmado que ¡volvense a xuntar Os Fabulosos Cadillacs!

A volta sería moi o estilo das últimas reunions grandes: unha xira internacional con paradas en varios lugares do mundo, e cun show no estadio do River Plate en noviembre deste 2008.

Unha das diferencias máis importantes coa maioría das xiras está no feito de que a banda de Vicentico, Cianciarullo e compañía, xuntase por tempo indefinido. Non e unha volta “despedida”, se non unha volta “real” da banda.

Ademáis, está confirmado que despois da xira, Os Fabulosos Cadillacs grabaran un disco unplugged para MTV, e un novo disco de estudio propio.

Ainda non están confirmados os países e as fechas dos demáis recitales dos Fabulosos Cadillacs, pero sabese que estarán sí ou sí en México, en Estados Unidos, e obviamente na Arxentina (en Novembro).

Publicado en Musica | Etiquetado: | Deja un Comentario »

LED Wifi, transmitindo datos a traves da luz

Publicado por lucasgz en Octubre 14, 2008

 

E un desarrollo ainda en fase conceptual realizado na Boston University, pero ten un aspecto moi prometedor: transmisión de datos a través da iluminación mediante diodos electroluminiscentes (LEDs) de baixo voltaxe que emitirían pulsos imperceptibles o ollo humano, de maneira que cada lámpara sería un punto de acceso a rede, con velocidades de entre 1 e 10 Mbps. A vibración sería similar a que xenera un tubo fluorescente ou unha pantalla, pero oscilaría na sua frencuencia para transmitir os datos.

O utilizar a luz como medio de transmisión, precisase establecer línea de contacto visual para que ésta se produza – paredes e outras superficies opacas actuarían como barreiras – o que, ainda que poida plantexar as suas limitacions, contribue a facer que se considere unha tecnoloxía máis segura ou controlable que as actuales redes inalámbricas. Outras aplicacions que se cintan incluen a automoción: dado que moitos automóbiles modernos xa utilizan LEDs para a iluminación, existiria a posibilidade de facer que dous vehículos intercambiasen información e evitasen, por exemplo, choques frontales en caso de descuidos do conductor.

Vía Engadget, Lightbulb networks could be the next WiFi,

Publicado en Curiosidades | Etiquetado: | Deja un Comentario »

Mandriva 2009 xa a descarga!

Publicado por lucasgz en Octubre 13, 2008

Mandriva Linux 2009 estable foi liberada e esta lista para descargar nas suas versions One e Free.

Co novo KDE 4.1 como escritorio por defecto, e con un rediseño no instalador e no centro de control de Mandriva, foi liberada esta nueva version, a 2009.

Incluese tamen GNOME 2.24, OpenOffice.org 3, Mozilla Firefox 3, e por defecto o kernel 2.6.27.

Podes leer eiqui o anuncio oficial ou eiqui as notas do lanzamento, para mais informacion sobre os problemas mais conocidos podes revisar tamen a páxina de erratas.

Na seccion descargas ainda se estan actualizando os enlaces directos, pero estan dispoñible xa francia, austria, china y letonia click eiqui para ir a seccion Download

Nestes enlaces outras opcions de descarga:

mandriva-free-2009-dvd-i586.iso (4,382MB, MD5, torrent),
mandriva-free-2009-dvd-x86_64.iso (4,412MB, MD5, torrent),
mandriva-one-2009-KDE4-int-cdrom-i586.iso (702MB, MD5, torrent),
mandriva-one-2009-GNOME-int-cdrom-i586.iso (607MB, MD5, torrent).

Publicado en S.O. | Etiquetado: | Deja un Comentario »